Saltar navegación

Taboleiros

O taboleiro dunha campaña é o primeiro que verás ao iniciar sesión. As campañas potenciadas poden ter varios taboleiros, controlando cales roles teñen acceso a cada un.

Ao crear a túa primeira campaña, o teu taboleiro incluirá unha nota de benvida e unha lista de entidades modificadas recentemente na campaña. Na parte de abaixo, un botón de configuración traerache a esta páxina. Só a administración da campaña ten acceso a esta interface.

Dende esta páxina podes engadir, modificar, e eliminar complementos do taboleiro. Os complementos poden ser movidos de sitio arrastrándoos á posición desexada. Esta funcionalidade non funciona en dispositivos móbiles.

Kanka dashboard setup

As Campañas potenciadas teñen a opción de crear máis de un taboleiro. Un taboleiro pode ser creado facendo clic no botón Novo taboleiro. Isto pídeche un nome e os permisos do taboleiro. Estas opcións poden ser cambiadas unha vez o taboleiro foi creado facendo clic no menú Accións.

Kanka dashboard edit

Os taboleiros personalizados teñen a opción de non mostrar a cabeceira da campaña, a cal é sempre visible no taboleiro por defecto. Colocar o complemento da cabeceira da campaña nun taboleiro personalizado fará que sempre apareza arriba de todo, independentemente de onde o coloques entre os demáis complementos.

Outras funcionalidades

Permisos

Os permisos poden ser establecidos por módulos, ou en cada entidade por separado. As campañas tamén poden ser feitas públicas para que as vexa todo o mundo.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Relacións

Cada entidade pode ter unha complexa rede de relacións con outras entidades, incluíndo relacións segredas invisibles para as xogantes.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Calendarios

Crea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.

Aprende máis sobre esta funcionalidade