Cales son os plans a longo prazo?

O plan a longo prazo para Kanka é crearmos unha ferramenta de creación de mundos e administración de campañas versátil que non sexa dependente dun sistema de xogo de rol en concreto, con contido administrado pola comunidade na forma de "Padróns da comunidade". Outro obxectivo noso é crearmos ferramentas que sexan integrábeis con outras plataformas como aplicacións de taboleiros virtuais.

Usamos Kanka nós mesmas, así que non temos plans de deixar de desenvolvela e de mellorala. Por se acaso, o proxecto tamén é de código aberto e pode ser retomado pola comunidade se algo nos pasase nalgún momento.

Voltar a Preguntas Frecuentes