As liñas temporais ofrecen unha bo xeito de representar feitos relevantes que pasaron na túa campaña, lugares, ou personaxes, a través de periodos longos de tempo.
Non hai límite no número de liñas temporais que pode ter unha campaña. Isto permite uqe poidas crear liñas temporais para unha personaxe importante, para a historia dunha familia, dun imperio, ou as lendas de creación do teu mundo.
As liñas temporais están divididas nun número de eras para agrupar cousas que pasaron en periodos específicos. Por exemplo, as eras dunha personaxes poderían ser a súa infancia, adolescencia, e a súa vida adulta. As dun imperio poderían ser os anos de fundación, o periodo de expansión, a ideade de ouro, e a súa caída.
As eras están compostas por elementos. Estes poden ser simples textos, ou estar ligados a entidades. As integrantes da campaña só verá elementos ligados a entidades que poidan ver. Isto quere dicir que podes incluír "spoilers" sen medo a que as túas xogadoras os descubran ao ver a liña temporal.
As :boosted campaigns teñen a habilidade de personalizar as iconas e cores dos elementos, conseguindo unha maior claridade nas súas liñas temporais.
Crea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeToda entidade pode ter múltiples segredos ligados a ela en forma de entradas. Estas poden ter permisos individuais para controlar quen pode velas, e son visibles na vista principal dunha entidade.
Aprende máis sobre esta funcionalidade