Ao crear unha historia, probablemente queiras gardar segredos para que as xogantes da campaña os descubran máis tarde.
Toda entidade en Kanka pode ter Entradas, mostradas baixo a entrada principal dunha entidade. Aí é onde recomendamos gardar os segredos relacionados a unha entidade.
Ao crear unha entrada, podes configurar os seus permisos para decidir quen pode vela. Podes facela visible só á administración da campaña, só a ti (se queres gardar segredos persoais), só a integrantes da campaña (se a campaña é pública), ou visible para todo o mundo.
Tamén podes pasar destes permisos xerais e configurar permisos individuais para integrantes da túa campaña. Por exemplo, podes permitir que unha xogante poida ver e editar unha entrada que só é visible para a administración. Ou podes ocultar unha entrada a unha xogante en concreto, pero que sexa visible para outras.
A persoa que estea vendo a entidade só poderá ver as entradas para as que ten permisos de visualización.
Os permisos poden ser establecidos por módulos, ou en cada entidade por separado. As campañas tamén poden ser feitas públicas para que as vexa todo o mundo.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeSube mapas dos teus mundos, cidades, e covas, e engade marcadores e ligazóns neles.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeCrea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.
Aprende máis sobre esta funcionalidade