Potentes funcionalidades con incríbel flexibilidade

Kanka está constantemente sendo actualizada con novas funcionalidades e melloras, mais aquí están algunhas das máis importantes que pensamos que che gustarán.

Uso gratuíto

Todas as funcións principais de Kanka son completamente gratuítas, mais con bonificacións para as nosas subscriptoras.

Colaborativo

Non estás só? Conta connosco! Podes invitar ás túas amizades e co-creadoras para axudarte a crear a túa campaña!

Actualizacións frecuentes

Kanka é actualizada frecuentemente con contribucións da comunidade, con novas funcionalidades engadidas cada mes. Entramos en detalle sobre estas actualizacións no noso Discord.

Creación de mundos

Con módulos cubrindo todo, dende Mapas ata Liñas temporais, Calendarios, e Eventos, Kanka facilita a organización de mundos complexos.

Modular

Cada módulo, como Personaxes ou Lugares, pode ser habilitado ou deshabilitado en calqueira momento, facilitando a personalización da túa campaña.

Administración de campañas de rol

Cun sistema de permisos profundo, misións, cadernos, personaxes, habilidades, e audio e vídeo integrados, axudámoste a administrar a túa campaña.