Saltar navegación

Xestión de campañas de rol e creación de mundos e historias. Todo en un.

Kanka é unha ferramenta perfecta para crear mundos e administrar campañas de rol. Axudámoste a crear e organizar as túas campañas e mundos co noso sistema de @mencións e un amplo abano de funcionalidades como calendarios, mapas interactivos, liñas temporais, organizacións, familias, personaxes, e moito máis!

Rexístrate cunha conta gratuíta!
Youtube video

Unha nova maneira de monitorizar a creación de mundo e as campañas de rol.

Kanka está dispoñible en calquera dispositivo e é actualizada frecuentemente con novas funcionalidades e melloras. Esquécete de perder notas desperdigadas, en Kanka terás todo nun só lugar, doado de atopar e facilmente accesible.

Kanka tabletop rpg campaign management and worldbuilding dashboard Kanka tabletop rpg campaign management and worldbuilding dashboard

Potentes e flexibles funcionalidades

Coas nosas @mencións, etiquetas, e sistema de permisos en profundidade, Kanka facilita a xestión do teu mundo ou campaña. Isto inclúe Personaxes e as súas relacións, Lugares e a súa historia, Misións e os seus obxectivos, Liñas temporais e as súas eras, e Calendarios con tanto eventos como fenómenos meteorolóxicos. E por se fose pouco, as usuarias de Kanka teñen voz e voto en decidir que novas funcionalidades son implementadas a través dos Votos da Comunidade.

Uso gratuíto

Non che gusta ter que pagar por funcionalidades básicas? A nós tampouco, por iso todas as funcionalidades principais de Kanka son de balde, incluíndo poder ter campañas ilimitadas, número de integrantes ilimitado, e control total sobre que pode ver cada integrante. Tamén dispoñemos de varias bonificacións para as nosas subscriptoras moi útiles, pero non esenciais.

Colaborativo

Construímos Kanka para dar soporte a mundos con múltiples integrantes e campañas. Engade amizades á campaña, asígnalles un ou varios roles, e controla a que información teñen acceso. Tamén podes ver a campaña como calquera integrante en calquera momento, para asegurarte de que a visibilidade do contido é correcta.

Entidades de Kanka

Kanka está construído en torno a unha lista duns 20 tipos de entidade diferentes. Estes son tipos predefinidos para elementos esenciais dunha campaña, incluíndo personaxes, lugares, familias, obxectos, misións, cadernos, calendarios, liñas temporais, e máis cousas. Todos comparten algunhas funcionalidades, mais son únicos e interaccionan de formas diversas entre si.

Taboleiros de campaña

O taboleiro é a páxina principal da túa campaña. Cada campaña pode personalizar o taboleiro engadindo complementos dunha longa lista de opcións. Para campañas grandes con múltiples grupos, as campañas potenciadas poden crear varios taboleiros destinados a roles distintos.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Colaborativo

Construímos Kanka para dar soporte a mundos con múltiples integrantes e campañas. Engade amizades á campaña, asígnalles un ou varios roles, e controla a que información teñen acceso. Tamén podes ver a campaña como calquera integrante en calquera momento, para asegurarte de que a visibilidade do contido é correcta.

Modular

Concentramos os nosos esforzos en construís ao redor de 20 módulos en Kanka centrados en distintos aspectos das campañas de rol e da creación de mundos en xeral. En cada campaña, podes crear personaxes, lugares, familias, organizacións, obxectos, misións, cadernos, calendarios, eventos, habilidades, e máis cousas. Non precisas habilidades? Non hai problema, podes desactivar módulos individuais en cada campaña, simplificando a túa experiencia para as túas necesidades.

Prezos

Todas as funcionalidades principais son gratuítas, mais apoiar a Kanka axúdanos a dar actualizacións e melloras frecuentes a todas as usuarias.

Kobold
Gratis

  • Sen potenciadores de campaña
  • Campañas e ficheiros subidos ilimitados
  • Acceso a todas as funcionalidades principais
  • Actualizacións e melloras frecuentes
Rexístrate cunha conta gratuíta!
Owlbear
$5 / Mes

  • 3 Potenciadores de campaña
  • Tamaño de mapa grande (10 MB)
  • Participa nas votacións da comunidade
  • Canle de Discord privada
  • Non se mostrará ningún anuncio
Subscríbete
Wyvern
$10 / Mes
Mellor valor

  • 6 Potenciadores de campaña
  • Tamaño de mapa máis grande (20 MB)
  • Participa nas votacións da comunidade
  • Canle de Discord privada
  • Non se mostrará ningún anuncio
Subscríbete
Elemental
$25 / Mes

  • 10 Potenciadores de campaña
  • Tamaño enorme de mapa (50 MB)
  • Participa nas votacións da comunidade
  • Canle de Discord privada
  • Non se mostrará ningún anuncio
  • Influencia en futuras funcionalidades
Subscríbete